20140906

Trocar a cabeceira do Blogger

Unha das cousas que mais chama a atención de un blogue (o contido por descontado...) é a cabeceira. Isto vai ser o que modificaremos hoxe.

O primeiro de todo é ter en mente cal vai ser a imaxe que desexamos que apareza ahí. Esta é unha opción  moi persoal, e posiblemente deberás facer varias probas antes de dar co aspecto que consideres mais óptimo.

Imos pois á pestana diseño do noso blogger e daremoslle a Editar na Zoa de Cabeceira.

cabeceira blogger

Saenos entón unha xanela onde nos di cal é a anchura máxima permitida para a imaxe. Neste exemplo e coa plantilla que estou a usar podo poñer unha imaxe de 920 px.
Como cada unha temos as nosas ferramentas favoritas, eu vou a usar o GIMP, que é unha ferramenta de software libre,  para crear a imaxe e editala.

cabeceira blogger

Como podes ver, a cabeceira pode consistir nunha imaxe que sustitua o tíduo e a descripción do blogue, ou ben podes elexir que a imaxe sexa o fondo. Fai como sempre as probas con cada unha das disposicións a ver con cal sinteste mais satisfeita.

¿Queres amosar a cabeceira do teu blogue? Estaria encantada de ver como che queda.



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Trocar a cabeceira do Blogger, por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ningún comentario:

Publicar un comentario