20140603

¿Cómo gañar diñeiro con un blogue?

¿Por qué un negocio gaña diñeiro con un blogue?


Cando tes un negocio asesoras ás túas clientas, tes un discurso de orientación en función das súas necesidades baseado no teu saber , un coñecemento que transmites e que che da credibilidade e que fai que as túas clientas o sexan e teñan confianza en ti. ¡ E que repitan!
¿Cómo vendes ti na tenda? ¿Cómo orientas ás túas clientas? ¿Qué suxerencia lles das? Todo isto que fas na tenda, en internet faise con un blogue ou mediante as Redes Sociais ou unha páxina web, e tamén gracias  o marketing de contidos, e ó igual que na túa tenda, hai unha serie de normas básicas que se deben cumplir.

Regla número 1: Diferencia teu negocio.

O concepto de diferenciación existe dende moito antes que exisitira Internet.
Pode ser unha de mil cousas, ou varias: Un precio increible, unha atención post-venta notable, un can verde....
Non é importante a forma en como te diferencies, senon que sexas distinta. Que  teu servizo non sexa unha copia de algo que xa hai, e iso é imprescindible para destacar a beira das outras.
Esta é a primeira norma... e todas as outras, son para acompañar.
A Proposta Única de Venda (Unique Selling Proposal-USP) é unha das patas da silla da comercialización. Ten que existir unha razón para que vendas ti e non  outra persoa.
Si se siguen os consellos do Marketing tradicional, pois terías que encerrarte nunha cova e listar todas as características do teu negocio, ata atopar  cal é o  punto diferenciador entre ti e todo o resto do mercado.

Regla número 2: Non vendas, enseña.

.... ou mellor dito... non fagas unha venta, fai unha clienta.

Pode haber quen pense que o problema mais grande que hai no Marketing en liña é a falla de tráfego cara o teu blogue, pero realmente o que existe é falla de confianza.
A xente encantalle mercar cousas, de feito, vota o dia a mercar cousas, pero o que non gostan é que llas metan polos ollos.
Cando construes o teu blogue debes pensar no valor que das ás usuarias, que é o no que se basea a túa autoridade.
Contar o que sabes, funciona. Da o mellor de ti, atrae as persoas, xenera confianza e inventa verbas chave nos motores de busca.
E todo isto fai disminuir a reticencia das persoas.
En  definitiva tratase de enseñarlle a xente todo o que sabes do teu negocio... e logo  amosarlle os beneficios de que fagan negocios contigo.
Como ti coñeces xenialmente teu campo, resultarache moi doado facer o blogue do "Como se fai...." ou escribir posts tipo "17 maneiras de ..."

Regla número 3: O Obxecto Social é pedra angular do teu negocio.


A pedra angular é o elemento básico en construcción que permite que unha estructura manteñase en pé, é esencial e indispensable, e é a base sobre a que está desenvolto o teu negocio, que está construido sobre teus coñecementos.
Pero o teu contido angular debe aparecer de xeito natural, non como cebo.

Regla número 4: Crea titulares atractivos.

Ofrece productos atractivos.
O proceso de creación de autoridade implica un constante intento por chamar a atención da audiencia.
Cando eres descoñecida pode ser difícil, pero en canto eres coñecida tes que estar a facer mais e mellor ruido que outras que tampouco son mancas.
O tiduo e mais o contido é  o que vai determiñar si podes ter unha oportunidade de que se che preste atención.
Pensa que 7 de cada 10 persoas van ler o titular, pero solo 2 de cada dez vai ler o contido.
Compren titulares impactantes, intrigantes... pero nunca enganosos.

Regla número 5: Gaña amigos para que falen de ti.

...e do teu negocio.

A medida que a Web voltase mais social, ter contactos podete facer inmensamente influinte.
A regla básica é que o que outros dicen de ti é bastante mais importante do que ti dices de ti mesma.
Polo tanto, é moi importante trabar ligazóns con persoas influintes no seu nicho e que poidan promover teus contidos en Twitter e no Facebook. Si estase a facer ben, as propias lectoras e seguidoras tamén promoverán as túas opinións .. (Vou parar que igual rompeme o cántaro...)

Regla número Seis: Os cartos tamén contan. Son a base do teu negocio.


Este é un vello dito do Marketing. Si non se atopas como facer medrar a túa lista de suscriptoras, de persoas que veñen a ver o teu escaparate, que se interesen polos teus productos, non importa que agasalles diamantes.
Tratase de buscar suscripcións ó teu sitio para que a xente reciba as túas actualizacións para que sigan coñecendo teus productos e proxectos no futuro, sexa por correo electrónico, polo RSS, as actualizacións das Redes Sociais... ou que un unicornio veña a buscarche o post a casa.. - bueno, un unicornio non, que están protexidos.

Regla número Sete: Subete ó carro do SEO.


O SEO (Search Engine Optimization) non é unha tarefa dificil. Non é mais que o conxunto de reglas que teñen como obxectivo mellorar o posicionamento de un sitio na páxinas de resultados dos motores de pesquisa na percura de acadar maior alcance.
O que pode ser doado de mais é ser neglixentes con el.
A Google encantalle clasificar contidos, e gostalle facelo ben,pero non te vai a poñer na lista si ignoras os desexos de buscas de palabras da xente.
¿Queres intentalo ? Lee Cómo facer que Google te atope.

Regla número 8: O diseño fai o Sitio.


Din que a roupa fai á persoa. 
Existe un peculiar mecanismo da sicoloxía humana que fainos creer que tras un envoltorio agradable existe algo de interés.
O mesmo podese decir do seu sitio web, de un escaparate ou de un blogue. É unha cuestión que debes ter en conta.
É certo que o contido é o Rei, pero a embalaxe na que o empaques vai facer moito.
Ademais, o uso do internet móbil e as tendencias de visualización en distintos dispositivos, fan o diseño mais importante que nunca.
Non te obsesiones, pero non estés nunca conforme.
Revisa periódicamente teu diseño, e sobre todo lee teu blogue como si foras unha persoa allea a el. Fai melloras constantes... e incluso, si decataste de pronto de un erro dalle unha lavada de cara total.

Regra número 9: Construe Comunidade arredor do teu negocio.


A medida que amosas túa autoridade nun campo, o que realmente fas é convertirte nun lider. Elo non está exento de responsabilidade.
Podes aproveitar esta circunstancia para construir confianza, admiración e respecto.
Trata respetuosamente a túa comunidade, e túa comunidade corresponderache.

Regla número 10: Crea categorías e etiquetas dos teus productos.


As categorías axudanche a ti, ós buscadores e as túas clientas a indexar contidos. Facendo isto crearás unha estructura sólida para o teu sitio, axudando tamén ás usuarias a moverse por el.

E a resposta a pregunta inicial ¿Cómo gañar diñeiro con un blogue? respondoche como bo galego   ¿Cómo gañas diñeiro co teu escaparate?

¿Necesitas axuda para crear teu blogue? ¿Non tes tempo para crear túas entradas? ¡ Contactame!

Comparte este post si che gustou coas túas amigas, e deixanos os teus comentarios. ¡Estaremos encantadas de escoitarte!



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons¿C ómo gañar diñeiro co teu Blogue?  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+ 
 
Emprega, si desexas, o espacio de comentarios do post, na Aula Virtual de  "Aprendermos" no Facebook, ou   no  grupo "Aprendermos" do Linkedin.  

Webgrafia:
The 10 Rock Solid Elements of Effective Online Marketing .
by Brian Clark.
The Blogger's Guide to SEO .
by Aaron & Giovanna Wall
How to Make Your Website Mobile Friendly (And Keep Your Readers Happy).
by  Shane Ketterman. Unique selling proposition.
by Sonia Simone.

Ningún comentario:

Publicar un comentario