20140402

¿Qué compre para crear un blogue?

@manolofreiria, blogue, aprendermos

Blogue: Noso almacén de contidos.

Esperando que estés disposta a iniciarte no mundo da blogosfera, e iniciar a tua propia bitácora, nesta entrada imos ver cales son os requisitos necesarios para crear un blogue.

Ainda que neste taller imos traballar coa plataforma Blogger de Google, que danos gran parte do traballo feito e unha relativa facilidade para iniciarnos na "blogosfera"   imos enumerar cales son os elementos necesarios para crear un blogue (ou unha web). Estes elementos son comúns a todos os sitios que visitas na Internet, ainda que "por dentro" teñan diferencias de estructura ou de lingoaxes, que non nos importan polo momento xa que son transparentes para a usuaria.

Miraremos pois, que compren necesariamente un nome de dominio (unnome.com); un lugar de almacenamento e un xestor de contidos e apariencia ou CMS. 

Vexamos cada un deles antes de pasar a mentar de pasada unhas cantas ferramentas sen coste económico para a nosa nova lideira antes de fondear nas "tripas" do noso blogger.

Dominio:

Un dominio ou DNS (Domain Name System) é a traducción de un enderzo IP (Internet Protocol), que non é mais que unha sistemática de asinación de nomes intelixibles usados polas máquinas de orixe e destino para a comunicación a traverso de unha rede.(Internet ou Intranet).
O nome é noso identificador na Internet, (aprendermos), e é transparente do sistema de enderezos IP, igual que no teléfone non buscamos números, senon un nome que está asociado a ese número telefónico. (Buscar a Sandra para chamala, e non o 691 **). O coste do dominio depende do proveedor, e da extensión que desexes rexistrar (.com, .net, .org...)

Hosting:(Aloxamento)

O aloxamento web (Hosting) é o servizo que provee ás usuarias de Internet de un sitio onde almacenar información.
O precio dos aloxamentos é moi diverso en función dos servizos prestados. Existen algúns sin coste económico, que se financian con publicidade que aparece nas páxinas, ata os servidores dedicados (unha máquina ó teu servizo) que costan varios centos de euros/mes.

Sistema de Xestión de Contidos. (CMS)

Un sistema de xestión de contidos ou CMS -inglés-, é un programa que crea unha estructura para a creación e administración de contidos e diseño dos sitios.
Estes sistemas permiten manexar de xeito independente o contido e o aspecto, podendo en calqueira momento modificar o diseño sin que se alteren os datos aloxados.

Precisamente, o que imos ver agora, son distintos Xestores de Contidos que nos ofrecen aloxamento e un dominio para os nosos blogues sen custo económico.

CMS sin custo económico:

Blogger:

A plataforma que ofrece Google en Blogger resulta sumamente doada de utilizar para crear un espazo do tipo http://teublogue.blogspot.com en cuestión de minutos:
Dentro das ventaxas coas que conta está a integración co resto das ferramentas de Google. Un bo exemplo de blogue en Blogger, é o seu sitio oficial.
(Este é o caso que nos ocupa)

Tumblr:

Tumblr é unha plataforma para crear microblogues sociais nos que é posible publicar textos, imaxes, videos, arquivos de audio etc.

blogger
Esta plataforma deixanos crear blogues con un gran atractivo visual, ideais para as interesadas na fotografía e para as marcas que desexan destacar visualmente seus productos.

Ten certo parecido coas redes sociais, na medida na cal os blogues son seguidos, ten certas funcións de chat e permite partillar as publicacións con outras redes sociais como Facebook, Twitter ou Instagram. Tamén permite o uso de etiquetas (#tags) de xeito que os posts poden ser atopados con relativa facilidade por quenes realicen buscas baseadas nesas verbas.

@manolofreiria, blogue, tumblr

Weebly:

Weebly dispón de unha chea de ferramentas para o diseño de blogues, páxina empresariais ou incluso crear tendas en liña.
Conta con un sinxelo editor que permiteche crear os temas en un plis plas mediante o método de arrastrar e soltar.
Como mostra, o propio blogue de Weebly

@manolofreiria, weebly, blogue, aprendermos


WordPress:

WordPress é un CMS instalable nun servidor, baseado en software GPL, sumamente utilizado, non solo para crear blogues, senon ata tendas on line e incluso redes sociais.
Existe unha versión en liña, que fornece tanto un espazo de almacenamento e un DNS tipo http://teublogue.wordpress.com.
Un punto a favor de WordPress é que por ser Software GPL ten unha ampla base de desenvolvedores que día a día o melloran e dotano de novas características.

Si ben sua versión en liña é fácil de aprender,  instalar unha distribución nun servidor propio esixe coñecementos notables, que non imposibles.
Se queres podes aprender con nos a crear un blogue de Word Press dende cero.

De todos xeitos, neste taller, imos centrarnos no Blogger de Google para traballar os nosos contidos.
¿Ou preferirías traballar outra plataforma? ¡ Cometarios son benvidos!



 
Licencia Creative Commons Ferramentas para a creación e xestión de Blogues,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este taller: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, PinterestWordPress.

Webgrafía:

Wikipedia: CMS.
Wikipedia: Aloxamento Web.
Wikipedia: Dominio de Internet.


Ningún comentario:

Publicar un comentario