20140325

Insertar un album Flickr en Blogger

O flickr é unha xeitosa ferramenta para manter as nosas fotografías en liña, partillalas e -importante- de incrustalas nas nosas publicacións web sen que se ralentice a carga da páxina.
Se queremos compartir o album ó estilo "presentación" temos que ir ó album, picar en partillar e incrustar o código - que podemos personalizar na nosa web ou blogue.


Partillar presentacións con Flickr


Para min o aprendido con este sinxelo exercicio foi mais que nada unha clase de fotografía. Era de noite cando caín polo local para facer os comentarios de rigor da tarde cando decateime da presenza da expo de Luis Cambeiro. Por unha de estas peculiares casualidades portaba a cámara... e alá me poño a tirar fotos -si, tirar, caseque no sentido textual-, xa que a falla de luz queimaba os cadros si disparaba con flash, pero se facía as fotos sin el a luz do local provocaba unhas horribles -como podedes ver- sombras sobre as obras. )Si estas son as fotos que "salvei", imaxinade como serían as que rexeitei.!!!!
(Espero que tanto Luis Cambeiro como Hipólito perdoenme a falla de profesionalidade)
Ben: Velaiquí o resultado de incrustar o código do Flickr en Blogger.  Ainda que as fotos non sexan xeniais, si ilustran o concepto que desexaba amosar.



¿Coñeciades a utilidade de inserción de HTML nos nosos blogues? Deixanos teu comentario !!

Se tedes o antoxo de descargar algunha das imaxes podedes facelo dende os seguintes links:

Álbum

Mapa

Para saber mais de Luis Cambeiro, podedes ler o artigo de X.L. Méndez Ferrín no Faro de Vigo:


Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Insertar un Álbum Flickr en Blogger,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, WordPress.

Ningún comentario:

Publicar un comentario