20140331

Crear noso blogue en Blogger

Para crear o noso primeiro blogue en blogger -logo poderemos crear mais na mesma conta- , o primeiro que necesitamos é crear unha conta na plataforma de Google, (se ainda non a temos) dende a cal logo accederemos a todos os servizos non de pago (diferente de gratis) que a plataforma permite.

aprendermos, crear conta en blogger.

Tras seguir as instruccions de rexistro, e unha vez dentro da plataforma, o proceso de creación de un blogue é doado. (Ata eu fun capaz de facelo !!)

Unha vez dentro do blogger, imos o botón crear blogue novo. Debemos darlle un nome ó noso novo xoguete e mais darlle un enderezo que ainda non exista dentro do universo Blogger.
O nome, poderalo trocar mais tarde se desexas, pero o enderezo é único e definitivo.
Como a intención que temos hoxe é a de crear noso primeiro post, sin mais fonduras nin complicacións, imos deixar todos os demais elementos tal e como os atopamo.
Sintete libre, claro de fuchicar nas plantillas para ver cal pode ser que che guste mais o aspecto, pero todo iso, habemolo de mirar mais adiante.


aprendermos, crear conta en blogger.

Facendo click enriba do nome do teu flamante novo blogue, irás o taboeiro de "control"; onde atoparás os botóns e mandos para ir, pouco a pouco poñendo tua bitácora dixital a gusto.

aprendermos, blogger

Diriximonos pois a calisqueira dos dous botóns de creación de nova entrada, (os que están rodeados de verde) , e atoparemonos con unha folla en blanco, sobre a cal atopanse a barra de ferramentas de edición, que son similares a de calisquera editor de textos.

aprendermos, blogger

Cando creas que teu texto está ó teu gusto, emprega o botón Vista Previa, a beira de Publicar/Gardar para ver a pinta que vai ter teu post no blogue, e si che gusta, pois botón Publicar e listo.


O cometido da pestana "Redactar", que é na que normalmente traballaremos e onde obteremos (mais ou menos) o resultado do noso traballo, eo da pestana HTML é onde se ve o código que o programa xenera para el entenderse na Internet.
HTML é o acrónimo de Lingoaxe de Marcas de HiperTexto, que é a lingoaxe "universal" para as páxinas que se visiten dende un navegador.


¿Que tal che quedou o teu primeiro Post?
Si tes a ben, deixanos o enderezo na zoa de comentarios para que poidamos todas disfrutar da nova bitácora que acabas de crear. Neste enlace, atopades a miña páxina para facer a proba... e ¡Que espida se mira a páxina! Moito queda por traballar, pero seguro que pouco a pouco imos facer que nosos blogues luzan caseque tan bonitos coma os de unha profesional.



Voltar ó Indice.
 
Licencia Creative Commons Crear noso blogue en blogger,  por Manuel Freiría atopase baixo unha Licenza Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported  Manuel Freiría en G+

Ferramentas usadas para crear este blogue: Blogger, Linux Ubuntu, MiriadaX, Mozilla Firefox, Gimp, Inkscape, Google Forms, Google Groups, Google Spreadsheet, Linkwhithin, Facebook Apps, Google Mail, WordPress.

Ningún comentario:

Publicar un comentario